Alle afleveringen
216 afleveringen, van nieuw naar oud
-
Galiportus Ep.16- Erea Castro, o fado transfronteirizo
18 december 2023 · 42 min
Hoxe achegámonos ao Miño para falarmos de música. E non de calquera música: referímonos ao fado, aos mandos do espírito nacional luso (en forma de saudade) desde hai moitas décadas. Porén, o tradicional foi evolucionando e converxendo con outros estilos que aceleran os ritmos e sentidos. Disto e de moito máis conversamos con Erea Castro, cantora de Salvaterra con moitos concertos ás súas costas a norte e sur da Raia. Falamos dos seus inicios, dos seus referentes, dos últimos proxectos, das dificultades de tirar para adiante, das colaboracións... e dese momento memorábel no Altice Arena lisboeta en 2020. Unha marabilla de voz descoberta en directo en Moaña neste 2023... e que traspasa os micros! Quen dixo que o fado non podía ser tamén cousa de galeg@s? Lees meer
-
Galiportus Ep.15- Gciencia, 10 anos de xornalismo e divulgación científica á galega
14 december 2023 · 47 min
No episodio de hoxe falamos con Pablo López, fundador e director de Gciencia. O dixital galego orientado á divulgación científica convertiuse nos seus 10 anos de vida no terceiro con máis difusión de Galiza, grazas a un xornalismo feito con rigor, investigación e amor pola ciencia. Xusto no seu aniversario, celebramos tamén que sexa en galego e analizamos proxectos futuros da man do protagonista. Nunha época marcada polas alteracións do clima e a IA, todo o que nos conta Gciencia parécenos interesantísimo! Lees meer
-
Galiportus Ep.14- Ponte nas Ondas e o VI Congreso Internacional de Patrimonio Inmaterial
11 december 2023 · 1 uur 25 min
Logo de 28 anos do seu nacemento (entre escolares de Salvaterra e Monção), "Ponte nas Ondas" continúa a ser unha iniciativa plenamente viva en tanto que o maior exponente de difusión radiofónica do patrimonio inmaterial partillado entre Galiza e Portugal. Falamos daquel patrimonio intanxible, referido a tradicións orais, artes escénicas, saberes populares, usos sociais, rituais, actos festivos ou coñecementos relativos á natureza. Polo seu significado histórico e tras a inclusión do proxecto na lista de boas prácticas do PCI (Patrimonio Cultural Inmaterial) da UNESCO, Galiportus tiña que estar no VI Congreso de Patrimonio Inmaterial celebrado en Ourense (Gz) Alí puidemos falar cos protagonistas: Raquel Rei Vilas (moderadora e actualmente a realizar unha tese de doutoramento sobre o a experiencia de Ponte nas Ondas e as implicacións derivadas na Raia), José Lindomar (pedagogo brasileiro a investigar escolas de fronteira), Xabier Álvarez (encargado do Centro de Cultura Popular Xaquin Lourenzo, "Xocas"), Alexandre Sotelino (profesor universitario e comunicador da proposta sobre educación e patrimonio cultural: "o Entroido ourensán como eixo de desenvolvemento comunitario"), Xerardo Pereiro (profesor e antropólogo, un dos membros do comité organizador do congreso) e Xerardo Feijóo (secretario e membro fundador do proxecto "Ponte nas Ondas") Música, grandes conversas, multitude de visións e unha única conclusión: 20 anos despois da convención de salvagarda do PCI da UNESCO, Galiza e Portugal... continúan na onda!! Lees meer
-
Galiportus Ep.13- Portunhol, a série/documentário do momento na RTP
7 december 2023 · 59 min
O Galiportus de hoje é puramente Raiano, viaja até Lisboa para falar com a Ana Delgado Martins (guionista, diretora de cinema e apresentadora de rádio) e ainda com o Rui Simões (criador da produtora Real Ficção e de longa trajetória no audiovisual português e lusófono) A trabalharem em parceria, os dois protagonistas idearam e produziram "Portunhol", a nova série-documentário de 7 episódios que está a ter enorme sucesso a sul do Minho. De Olivença até Trás-Os-Montes, de Alcoutim à Galiza... Multidão de histórias inspiradoras sobre as gentes, as tradições, os ritos e festas... Pessoas que sabem que, na Raia, o estrangeiro nunca é o do outro lado... Lees meer
-
Galiportus Ep.12- Ou ké: na terra dos vellos... actualidade política para novos
4 december 2023 · 1 uur 22 min
Neste novo episodio, recibimos a visita de dúas persoas moi dinámicas e que nos axudan á hora de entendermos o pasado e presente de Ourense (Gz) Trátase de Ivan Iglesias e Ivan Olmos, fundadores de Ouké, a marca transmedia que irrompeu con forza e frescura. E como? Pois analizando dun xeito divertido, (sen por iso deixar de seren rigorosos e críticos) a actualidade sociopolítica da terceira cidade galega máis poboada. Nun territorio afeito ao "nunca pasa nada", estes dous comunicadores, xunto co seu equipo de xente nova, desmitifican aquilo de que en Ourense non hai ideas nin hai futuro... Polo menos, e tras desfrutar da conversa, temos a certeza que só a xente nova pode mudar as cousas. Con independencia, vontade... e proxecto de calidade. Ou que? Lees meer
-
Galiportus Ep. 11- Crua e MJ Pérez: músicas cruzadas
30 november 2023 · 56 min
Hoxe toca falar de música tradicional adaptada aos novos tempos e aos novos estilos. Vamos até Arzúa (CO), e estamos con MJ Pérez, polifacética cantautora galego-portuguesa con máis de 200 concertos ás súas costas, premios (Aritmar, Xuventude Crea, Martin Codax, Música de Raíz) e mesmo incursións no audiovisual (videoclips, curtas e documentario sobre a figura de Inés de Castro) Ao mesmo tempo, súmanse ao programa 3 membros do grupo de adufes, acordeóns e percusións do Porto (CRUA) Son Bárbara Trabulo, Diana Ferreira Martins e Rita Só, que nos contan como son as súas músicas (con forte inspiración galega, como o tema "Barciademera" que escoitamos), como anda o momento folk no norte portugués e, sobre todo, como foi a incrible colaboración con MJ Pérez no tema "Ora aperta, amor", co que nos despedimos. Todo un luxo! Lees meer
-
Galiportus Ep.10- Rebulir: da música tradicional ao festival internacional
27 november 2023 · 1 uur 16 min
No episodio de hoxe falamos de Rebulir, asociación e escola de música e cultura tradicional localizada en Ramirás (Ourense) Da man dos seus protagonistas, Alexandre Sotelino, "Sote" (director da escola) e Sandra G. Sousa (presidenta da asociación), analizamos o seu percurso desde 2005 até a actualidade. Anos de moito traballo e de grandes éxitos, como as Noites de Fiadeiro ou o Festival Internacional, que leva 12 edicións premiando o mellor da música, a cultura e a lingua galega. Tamén debullamos eses outros pequenos pasos dados, a relevancia de grupos así no rural, o crecemento do folk ou a conexión con Portugal. Desde Cacia, Aveiro, aténdenos Cristina Gaspar, directora da escola etnográfica da súa freguesía e tamén da Federação Portuguesa de Folclore. Cristina xa pasou polas Terras de Celanova 3 veces co seu grupo. Lees meer
-
Galiportus Ep.9- Estou a estudar português
23 november 2023 · 50 min
Hoje falamos com o professor Valentim Fagim, a lecionar português nas EOI galegas desde há muitos anos. Ele explica-nos tudo acerca do seu livro "Estou a estudar português" (2022, Através), que visa ser uma ferramenta essencial como suporte ao estudo de quem quer descobrir a lingua de Camões, quer seja galegofalante, quer falante de castelhano. A fonética, a ortografia, a gramática, as palavras, os falsos amigos, ou dicas úteis... o Valentim fala muito sobre isso e mais...
Só resta lançar-nos à aventura de saber! Lees meer -
Galiportus Ep. 8- Orgullo Galego: as redes á galega
20 november 2023 · 52 min
Hoxe falamos con Borxa González Castro, un dos socios fundadores de "Orgullo Galego", a marca dos contidos xerados na Internet, á galega. Logo duns anos de moito traballo, a súa comunidade virtual é de máis de 400 mil persoas, con ampla difusión en Facebook, Instagram ou Youtube, máis tamén estando presentes nos canais de difusión de Telegram ou facendo directos en Twitch. Temas de actualidade, tradicións, música, entrevistas, tenda, colaboracións, patrocinios... Orgullo Galego é a demostración de que tamén se poden xerar contidos de interese en galego (e con forte conexión coa lusofonía) ... para conectar cun mundo hiperconectado. Lees meer
-
Galiportus Ep.7- En liña coa Mesa
13 november 2023 · 1 uur 30 min
Neste episodio toca falar co presidente da maior organización asociativa por número de socios da Galiza, A Mesa pola Normalización Lingüística. Xunto co educador e activista da lingua Hector Casas, entrevistamos ao historiador Marcos Maceira (9 anos xa no cargo), o cal analiza múltiples cuestións sobre o pasado, presente e futuro da lingua propia. Así mesmo, tamén debullamos a ferramenta nomeada "A liña do galego", e o seu labor á hora de denunciar abusos e discriminacións por causa da lingua. Unha conversa que dá folgos e da que vale a pena cada segundo que escoitas! Lees meer
-
Galiportus Ep.6- Sta. Marinha de Augas Santas, a lenda que persiste
13 november 2023 · 59 min
Nesta ocasión, o Galiportus vai ao encontro da mística, da lenda e da fé. Da man de Manuel Gallego Alves, historiador, educador, socio de Xeitura Coop e habitual guía en Santa Mariña (Allariz, Ourense-Gz) e do párroco Eduardo Fernández, buscamos respostas a tanta pregunta: Quen foi Mariña? Canto de historia rodea a tanto misterio? E ... por que gusta tanto a visita ao conxunto que se forma no entorno natural e patrimonial de Augas Santas-Armea? A resposta é sinxela: 2000 anos da historia de Galiza, en só 2'5 km.
Desde Esposende (Pt), Paulo Ferreira (Associação Desportivo-Cultural de Rio Tinto), relata-nos como é que correu a sua excursão transfronteiriça a terras do Arnoia, além de esclarecer-nos a conexão entre as duas Marinhas. Lees meer -
Galiportus Ep.5- Escapar ao verde, tirarse ao monte
7 november 2023 · 1 uur 9 min
Neste novo episodio toca falar de monte, de turismo verde, de medio natural. Analizamos multitude de aspectos sobre roteiros, estilos de vida, conciencia e respecto para un entorno tan privilexiado e con tantas potencialidades como o noso. Descubrimos destinos únicos da Eurorrexión, e facémolo desde dúas vertentes: a profesional, co guía de actividades na natureza e responsable de turismo activo de Xeitura Coop., Toni Vázquez. E tamén a amateur, coa fisio, empresaria, amante das rutas e xestora nas redes da páxina "Galiza de Cabo a Rabo", Eva Penin. Desde Ponte de Lima, conéctase Diogo Sá Lima, fotógrafo e guia de montaña con centos de miles de seguidores no seu espazo "Montanhas do Norte". Toda unha bafarada de aire fresco que enche os nosos pulmóns... Lees meer
-
Galiportus Ep.4- Escolas Semente, vencer o futuro
7 november 2023 · 57 min
Hoxe abordamos cuestións educativas, educacionais e lingüisticas. Logo de máis dunha década do Decreto do "plurilingüismo", o uso do galego entre os máis pequenos é residual. Todo está perdido? Iniciativas como as Escolas Semente tentan revertir a balanza e propoñen un modelo cooperativo, ecoloxista, non masificado, feminista e de educación inclusiva en galego. Para falar disto todo, acompáñannos e debatimos con Rita Cid (nai dun neno de 2 anos e activista pola lingua) e Lucia Gonzalez (educadora infantil escollida para botar a andar Semente Ourense) Dende Compostela, ponse ao teléfono Sechu Sende (poeta, narrador, sociolingüista e activista da AGAL) Con experiencia de dúas fillas escolarizadas nesta escola, expón as súas visións e anima á expansión de semente por toda Galiza... para sobrevivirmos ao futuro. Lees meer
-
Galiportus Ep.3- A Arca da Noe, o oasis sociocultural e musical da Limia
30 oktober 2023 · 58 min
Nesta nova edición do Galiportus viaxamos até un oceano de emocións musicais e culturais da man de Noemi Vazquez, filóloga e ideóloga dunha sala de concertos, centro social, taberna, sala de exposicións e centro de ensino de música tradicional. Trátase da Arca da Noe, referencia galega do folk e da música tradicional que celebra o seu 9º aniversario cun libro cd presentado tamén da man de Irene Veiga, mestra, activista e escritora do conto que alimenta o dito libro: Oceanoe, travessia polo mar das Antelas. Por último, e desde Setúbal, tamén falamos con Celina da Piedade, acordeonista, cantora e compositora que nos conta cousiñas das súas músicas, alén de como foi o paso por ese lugar tan especial chamado Arca da Noe... e localizado en Vilar de Santos, Ourense (a 30' da raia de Tourém), toda unha referencia tamén a nivel lusófono. Lees meer
-
Galiportus Ep.2- Celanova, unha vila con orgullo
30 oktober 2023 · 41 min
Neste novo episodio do Galiportus achegámonos á Festa do orgullo celebrada este ano na vila ourensá de Celanova. Unha festa chea de ritmo e con moi boa acollida por todo o mundo. Entrevistamos a Teresa Barge, concelleira de participación cidadá, mobilidade, igualdade e integración social, en tanto que organizadora do evento. Tamén falamos con Roberto Carlos Soares "Sula", educador, DJ e activista LGTBIQ+. O lusoangolano encargouse de animar a festa e cóntanos emocionado a súa experiencia... e moito máis. Lees meer
-
Galiportus Ep.1- Quen somos?
23 juni 2023 · 42 min
Galiportus achégase á realidade galaico-portuguesa actual desde varios puntos de vista. O académico, coa participación de Valentim Fagim, profesor de portugués na Galiza e activista da AGAL. Tamén coa empresarial Martiño X. V. Mato, administrador e arqueólogo en Xeitura Cooperativa Galega, habitual nos proxectos transfronteirizos. E finalizamos con Xoán Vázquez Mao, o secretario xeral do Eixo Atlántico, máximo ente de cooperación eurorrexional a nivel urbano. Lees meer