Galiportus Podcast

Alle afleveringen

216 afleveringen, van nieuw naar oud

  1. Galiportus Ep.62- A UE e nós (coa Ana Miranda, eurodeputada)

    24 juni 2024 · 1 uur 24 min

    Afspelen
    Hoxe por fin conseguimos falar coa eurodeputada do BNG, Ana Miranda. Política, políglota, xurista e avogada de Cuntis (Po-Gz), viguesa de adopción e militante nos dereitos humanos e nas causas xustas, xa coñeceu o Consello de Europa alá polos anos 90, como bolseira. Tras anos de traballo como asistenta de Camilo Nogueira, pasou varias veces polo Europarlamento, mais nunca conseguira un escano "propio" como agora en 2024. Con ela falamos de como entender todo o que sucede na UE e nos afecta no noso día a día (ollo: o 85% do lexislado en Bruxelas condiciona a nosa realidade máis próxima, a pesar do que tradicionalmente se pensa): A pesca, o agro, a cuestión de Altri ou a liberalización da AP9, mais tamén os eólicos, a TVG, a importancia da Eurorrexión, as alianzas estratéxicas á galega ... e baixo o momento actual de dereitización extrema. Non podemos deixar de tocar o tema do galego/portugués para unha política que convive coas linguas todos os días. Isto e moito máis durante máis dunha hora de conversa que presta! Non vola perdades!! Lees meer
  2. Galiportus Ep.61- Maria do Ceo, o fado galego e a vida

    20 juni 2024 · 1 uur 28 min

    Afspelen
    Hoxe visítanos Maria do Céu Fernandes Faria, que en plena idade escolar veuse do Porto (Pt) para Ourense (Gz), coa familia. Nas terras galegas, e influenciada polo seu pai, comezou a cantar fado tradicional, aínda que tivo que dar ben voltas antes de poder dedicarse á música profesionalmente, xa na trintena. Foi nos anos 90 que coñeceu á súa referente, Amalia Rodrigues, e tamén foi nesa década que comezou a mesturar as súas raíces portuguesas con esa "dozura" galega. Desde aquela, son 30 anos a estender a identidade común luso-galaica, visitando ducias de países, con centos de concertos (algún, como nos conta, inesquecíbel, como o de Buenos Aires, ou o que deu coa Real Banda de Gaitas nas pirámides de Exipto), ben de condecoracións e case 20 álbuns no seu haber. Iso si, estamos diante dunha persoa que comenta que, co seu último traballo (Galicia Nai), o de ser "artista" é para outras, que ela só quere ser recordada como "traballadora" do canto, da música. Desfrutamos varios temas a capela "da Maria", alén dos temas: "Cántame un fado minhoto" (fado corrido, do poema de Armando Gonzalez), "Sin niño" (fado vianinha, poema de Rosalía) e, para pechar, "A Fala" (do poema de Manuel María) Canta arte xunta! Lees meer
  3. Galiportus Ep.60- Especial eleccións europeas

    17 juni 2024 · 1 uur 26 min

    Afspelen
    E tocou pasar polas urnas... de novo. Desta vez, eleccións europeas, onde 400 millóns de habitantes do vello continente estabamos chamados o dia 8 de xuño a decidir o noso futuro político.
    Os resultados deron un avance tremendo da ultradereita en países como Francia, onde foi primeira forza por moita diferenza, Austria, Alemaña ou Italia. No parlamento europeo imos ver moita fragmentación, unha esquerda en retroceso e os democristiáns con opcións de pactar con conservadores e populistas.
    Analizamos a clave galega e estatal con Manuel Martinez, historiador e politólogo ribadaviense. Do lado portugués, falamos co Rui Pereira, investigador, pedagogo, antigo xornalista (Espresso) e doutor e profesor de ciencias da comunicación da Lusófona do Porto. Escoitalos é unha marabilla!... e ambos coinciden en que veñen tempos "convulsos", onde Europa vai ter que (re)pensarse ou... morrer como proxecto de unión transnacional?
    Lees meer
  4. Galiportus Ep.59- AGAL e o reintegracionismo (com o Eduardo Maragoto)

    13 juni 2024 · 1 uur 29 min

    Afspelen
    Hoje temos uma conversa dessas das que tinhamos vontade de ter há bem tempo. O que é o reintegracionismo? Eis a pergunta que lançamos ao Eduardo Maragoto (Mañón/Manhom, CO-GZ), presidente da Associaçom Galega da Língua (AGAL) até 2023. Com ele falamos das origens da questão, nos anos 80, quando se decidiu a norma atual do galego (castelhanizado), e analisamos muitos tópicos: o que é isso do galego internacional? qual o futuro para o galego? o que é o binormativismo? Isto e muito mais, sempre com optimismo e boa música: Amarelo, dos brasileiros Emicida. Como dizem eles... "o ano passado eu morri, mais este ano eu não morro". Há esperança ainda para a língua própria dos galegos? Lees meer
  5. Galiportus Ep.58- Abril é un país, con Tereixa Constenla (Especial 50 anos do 25 de Abril -V-)

    10 juni 2024 · 1 uur 10 min

    Afspelen
    Hoxe viaxamos até Liboa para falarmos con Tereixa Constenla, estradense (PO-GZ) que vive en Lisboa desde a Pandemia e que traballa como correspondente para o xornal "El País". Ela vén de publicar o magnífico libro "Abril é un país" (Kalandraka), no que, mediante pequenos relatos persoais no antes, no despois e no, sobre todo, o durante da Revolução dos Cravos (o 25 de Abril), analiza pormenorizadamente todos os eventos que rodearon uns momentos que mudaron Portugal para sempre. Episodios que ensalzan a figura do sarxento Salgueiro Maia, a de Otelo Saraiva ou a de Melo Antunes, mais tamén a daquel cabo insubmiso que se negou a disparar ou a daquel locutor de radio censurada que pon en marcha o plan. Pequenos momentos cruciais, detalles que moitos non sabían ou nos que non se reflexionara suficiente, e que decidiron os acontecementos. Presos liberados, brindes e manifestacións, mais tamén mortos esquecidos, ditadores conmocionados ou anos de menos "trascendencia". Unha delicia de conversa, na que tentamos desgranar o 25-abril, como nunca antes. A perspectiva galega, nun dos grandes momentos da historia dos veciños. O peche, obra do Zeca, como non: "Os Vampiros" (1983)
    E agora, que temos liberdade... que imos facer con ela?
    Lees meer
  6. Galiportus Ep.57- São português e galego a mesma língua? (perguntas portuguesas, com o Marco Neves)

    6 juni 2024 · 57 min

    Afspelen
    Do lado galego é muito frequente este debate: o que são galego e português? a mesma língua, com fonéticas e escrita (castelhanizada) diferente? duas variantes do sistema galaico-português medieval? ou duas línguas já separadas por causa da história? De Lisboa fala-nos o tradutor, professor da Univ. Nova e escritor Marco Neves, que já tem sido muito ativo nesta questão no seu blogue (certaspalavras.pt) ou nas suas redes sociais. Assim sendo, e graças à Através editora, publicou recentemente um livro muito interessante, sobre o qual conversamos. Mais do que nunca, interessa-nos a perspetiva do lado sul, tantas vezes sendo ignorados enquanto galegos, e dissoltos no marco espanhol. Serão que as coisas estão a mudar? O que acham os portugueses sobre essa língua deste canto da península tão semelhante? Há conhecimento geral? Apenas até o Douro? E podem utilizar o português padrão em Santiago ou Corunha? O futuro?
    Muitas coisas no debate, com a leitura do prólogo do seu livro e o encerramento de parte das Tanxugueiras... será que não há fronteiras? Com certeza?
    Lees meer
  7. Galiportus Ep.56- Rally de Portugal, "o melhor do mundo" (e cheo de galegos)

    3 juni 2024 · 1 uur 52 min

    Afspelen
    Hoxe falamos de motor, xa tocaba. Paixón incríbel a norte e sul do Minho, a maior cita de todas é o Rally de Portugal, celebrado tradicionalmente no norte, cada mes de maio (con algún período onde se levou para o Algarve) Até medio millón de persoas se xuntan na superespecial de Fafe, no que é un exemplo da importancia do evento, anotado en vermello para milleiros de portugueses... e de galegos, que están na casa. Visítanos Miguel Fernández Mosquera, ourensán afeccionado a este mundo desde hai ben anos, habitual participante nas carreiras de clásicos e grande coñecedor do Mundial de Rallies (xa visitou Montecarlo, Catalunya, Finlandia... e case 20 veces Portugal) Con el falamos do significado desta "loucura", como se vive, que supón e como foi a sua evolución nas case 60 edicións que se leva celebrando. Ao telefono tamén nos atende Maria Pérez, integrante da escudería Chrono Gallaecia, para conversarmos un pouco sobre o papel destes clubes, a seguridade e as diferentes disciplinas existentes, fora dos grandes focos do mundial. Para acabar, comentamos con Miguel moitas anecdotas máis... e descubrimos libros espectaculares sobre os rallies. E marchamos cunha música destas que chega ao peito para os máis románticos dos coches! "Carro preto", de Jorge Ferreira. Aceleramos a fondo? Lees meer
  8. Galiportus Ep. 55- Allariz e Ponte de Lima, vidas paralelas. Festas, rio e xardins.

    30 mei 2024 · 1 uur 30 min

    Afspelen
    Toca falar de dúas vilas ben queridas e que teñen moito en común. Dun lado, Allariz (Ou-Gz), de orixe alto medieval, reconfigurouse arredor da recuperación do seu río Arnoia, e hoxe é un referente patrimonial e ambiental. Do outro, Ponte de Lima (Alto Minho-Pt), co seu rio Lima (de orixe e curso partillado coa parte galega) e o seu título de "vila mais antiga" de Portugal. Nas últimas décadas, ambas camiñaron xuntas, coas súas festas (A Vaca das Cordas e o Boi, a celebrárense nestes días de maio) e os seus festivais de xardins (expostos de maio a outubro). Falamos de todo iso con Xian Bobillo, profesor de lingua e literatura galega, que nos visita para falar dos anos nos que participou como "home do sedeño", na área "dos bois" da Asociación "Xan de Arzúa", parte importantísima do evento. El tamén axudou a escribir o Manual da Festa do Boi (na etapa moderna, é unha festa con 700 anos de antigüidade) e traballou durante case unha década na animación sociocultural do concello. Por outra banda, conversamos en liña coa vila "limiana" con Anibal Varela, eterno presidente da Associação Tradicional da Vaca das Cordas. En canto aos xardíns, explícanos de que vai esta edición Maria Lopez, concelleira alaricana de promoción económica, comercio e turismo. E ao teléfono, desde Lisboa, aténdenos Francisco Caldeira, eminencia da arquitectura paisaxista e presidente de ambos certames. Con el abordamos questións relativas á arte floral, as mudanzas de pel que supoñen festivais así para as vilas ou o desenvolvemento sustentábel, coas temáticas diferentes de cada ano. Unha marabilla de programa, a cabalo entre a celebración, os lazos de amizade e e convivencia natural co entorno... a un e outro lado da Raia! Escoitamos Grupo de Concertinas, e tamén aos Zés Pereiras, bombeiros de Amarante que fan as delicias por Allariz cada ano. Finalmente, bailamos cos Festicultores e o seu "Olivia Newton Jon era de Pantón". Lees meer
  9. Galiportus Ep.54- Especial Letras Galegas: Xurxo Souto e o método Luisa Villalta

    27 mei 2024 · 49 min

    Afspelen
    As Letras Galegas deste ano (17-Maio) representan a homenaxe á cultura, a lingua e a literatura galegas (e en parte, tamén portuguesas, como nos comentan algúns...) Este ano tocoulle a Luisa Villalta, escritora, filóloga, profesora e até violinsta coruñesa. O seu legado analizámolo co grande e polifacético artista Xurxo Souto, que nos insiste na importancia de vincularmos música e poesía como elementos indisociábeis, e que trataron históricamente de "apartárnolos", sinala o acordeonista, actor, locutor, e activista incansable da causa galega. Un programa delicioso e tan creativo como "o momento da nosa música". Grande a ecuación, entre Villalta e Souto, coas obras sempre vixentes e celebradas da primeira ("O outro lado da música, a poesía" ou "ruído") e o recente libro do segundo, "Somos un pobo de artistas, o método Luísa Villalta" (Xerais) Será que si? Orquestra Bravú Xangai, co seu Grelocúmbia, para acabar danzando e mesturando letras e música. Sempre xuntas! Viva! Lees meer
  10. Galiportus Ep.53- A alta velocidade no tren Porto-Vigo... para cando?

    23 mei 2024 · 39 min

    Afspelen
    Hoxe falamos da grande aposta vertebradora da Eurorrexión a nivel de infraestruturas: a conexión de alta velocidade ferroviaria entre Porto e Vigo. E facémolo coa xente do Eixo Atlántico, o ente que asocia máis de 40 cidades a norte e sul do Minho. Xoán Vázquez Mao, secretario xeral, e Luís Nobre, presidente (desde o 1 de febreiro) e rexedor de Viana do Castelo, responden ás nosas dúbidas: cal é o momento actual do proxecto? Para cando será unha realidade? A prioridade continuará a ser esta conexión atlántica, fronte ás presións que buscan priorizar o Madrid-Lisboa? Para analizarmos todos os prismas, rebuscamos nos xornais, para ver o estado da cuestión nos últimos meses. A pregunta que fica no ar, ao final, é: cando poderemos confiar nun transporte público sobre vias, eficiente e rápido, que non nos faga ver aínda o Minho como esa fronteira que non se pode atravesar se non é co teu coche? A música de despedida, como non, un clásico de Andrés Dobarro: O tren... Viaxeiros a bordo!!! Pipiiiii!!! Lees meer
  11. Galiportus Ep. 52- As "XII Jornadas Galaico-Portuguesas" de Pitões e o Mundo Celta

    20 mei 2024 · 1 uur 23 min

    Afspelen
    Hoje falamos das Jornadas Galaico-Portuguesas que se celebram há já 12 anos na vila raiana de Pitões das Júnias (Montalegre) Mais de uma década a debate aberto, a falar acerca do significado da mitologia galaica, da herança céltica, a identidade partilhada desde a idade do ferro, etc. Música, poesia, etnografia, tradições orais, ou o papel do lobo, muitos são os tópicos a serem tratados com produndidade. Tivemos o prazer de ligar para o organizador do evento, o professor, escritor e historiador X. M Barbosa. Já no dia das jornadas, conversamos com um dos relatores, o Santi Bernardez, investigador freelance desde há 30 anos em questões relativas a celtismo e mundo céltico. Será que somos celtas? O grau de relacionamento que temos galegos e portugueses hoje, está a unir-nos apartir da antiguidade? Tudo isto e mais, apenas resta é escutar! A música do final, Luar na Lubre. Lees meer
  12. Galiportus Ep.51- +Cuñados, a comedia á galega (e também à portuguesa)

    16 mei 2024 · 44 min

    Afspelen
    Neste capítulo voltamos ao mundo do cinema para falarmos de +Cuñados, o novo filme da produtora coruñesa Portocabo, da man do director Luis Avilés. Logo do éxito da primeira parte de 2021, a secuela é outra aventura dos cuñados (X. A. Touriñán, Miguel de Lira, Federico Pérez...), comezando por unha secuencia na Ponte Internacional de Tui. Moito humor e moita ourensania (viño do Ribeiro, licor café, polbo e Entroido...), e de todo iso e máis falamos co propio X. A. Touriñán (filólogo... e ás veces actor, humorista, presentador de TV, moi recoñecido na Galiza e non só) e tamén con Ivo Bastos, actor que nos atende desde o Porto (e que está encantado coa acollida que tivo na Galiza) Cos dous falamos de humor, de audiovisual, de proxectos, de lingua ou de fronteira. Un filme no que falares á galega e à portuguesa combínanse con naturalidade e non precisan de subtítulos...
    Bo cóctel para botar unha escoita, non?
    Lees meer
  13. Galiportus Ep.50- Cana Verde e Terra Morena cantam ao Zeca (Especial 50 anos do 25 de Abril -IV-)

    13 mei 2024 · 1 uur 8 min

    Afspelen
    Hoje recebemos uma visita muito agradável nos estúdios da rádio. São Xico Paradelo (com quem até falamos de banda desenhada), Irene Veiga (que já por cá esteve a presentar o livro da Noe em outubro), Jesús Arranz, Andrés Fdez. e Bernardo Marques, acompanhados da Noemi Vazquez (A Arca da Noe) Todos eles, com guitarra, alaúdes, filarmónica e grandes vozes, homenageiam a figura do Zeca ao vivo ... e muito mais. Cantam deliciosamente as "Cantigas de Maio", "Viva o poder popular", "quem diz que é pela rainha" ou "Altos castelos". E falam do significado de Abril ou da canção de autor da altura... e de hoje em dia. São gentes únicas, galegos que cantam ao Zeca graças a décadas de experiência no ativismo, a educação e a cultura, além da música. Eles contam como é que correu nas vezes que tocaram em Portugal. Enfim, membros de Cana Verde (grupo dos 80 reinventado muitos anos depois) e de Terra Morena (mais recente), mesturados e a fazerem melodia da boa para nós ouvir!! Lees meer
  14. Galiportus Ep. 49- Rochi Nóvoa, a poesía e o "1º Encontro galaico-portugués da Palabra"

    9 mei 2024 · 52 min

    Afspelen
    Hoxe visítanos un furacán a Radio Allariz. Trátase da galega (ourensá de Xunqueira) Rochi Nóvoa, mestra de inglés, escritora, música, poeta... Só ela é capaz de promover e presidir "Tangaraño Cultural", recuperar a figura típica do entroido da súa zona (o "Farrumecos"), ou participar en recitais e encontros, debuxar, pintar... Unha mente inquieta xa con varias publicacións no mundo da poesía, que mesmo é capaz de retirarse a Polonia cunha bolsa para creadoras ("Diagnóstico poético", a súa obra) Aproveitamos para falarmos do significado da poesía grazas á última "das súas": o "1º Encontro Galaico-Português da Palabra", celebrado en Xinzo de Limia (20-4-24) Do outro lado da Raia, aténdenos Manuela Rainho, flaviense que participou no evento. Momentos de reflexión, de palabra... e tamén de música, coa "Voz das Mouras", grupo de voces e pandereteiras, coas que tamén colabora Rochi. Escoitamos "Ata a Lúa" e "Raiba". Como di Rochi... "necesitamos tempo" para asimilarmos... todo o que nos contou.
    E será que a vida é un poema musical? Ou unha música poética?
    Lees meer
  15. Galiportus Ep. 48- O Zeca Afonso e o seu amor pela Galiza (Especial 50 anos do 25 Abril -III-)

    6 mei 2024 · 1 uur 18 min

    Afspelen
    Não podiamos aprofundar no 25-Abril sem falarmos do Zeca Afonso, o autor da música ("Grândola, vila morena") que 50 anos depois continua a ressoar nas ruas e praças. Começamos com o trailer (Nós TV) do "Zeca 1972 Galiza", já que foi em Compostela onde a sua música foi cantada pela primeira vez. A seguir, ligamos ao Odilo G. Carnero, presidente da AJA-Galiza (Associação José Afonso, núcleo galego) Com ele revivemos a figura do músico natural de Aveiro, que sempre gostava de dizer que a Galiza era a sua segunda pátria (nesse triângulo africano, português e galego) Os valores deste e doutros cantores de uma época muito difícil "são eternos", como diz o nosso seguinte convidado, o grande Xico de Carinho (músico, harmonista, educador...) , que mesmo chegou conhecer o Zeca em Paris. Ele é que sabe o que se passou naqueles anos... Nas músicas, uma do Zeca ("os fantoches de Kissinger", de 1976) e outra no final do seu sobrinho, João Afonso ("Na Machamba", 1997) Se calhar, fazem falta 50 programas para redescobrir uma personalidade como foi o Zeca, o mais galego de quantos portugueses ousaram cantar e lutar pela liberdade... Minho acima? Lees meer
  16. Galiportus Ep.47- Altri (II): A Plataforma Ulloa Viva, na UE

    2 mei 2024 · 1 uur 15 min

    Afspelen
    Hoxe toca volver falar de Altri, e a súa macrofactoría de celulosa que está prevista asentarse na comarca galega da Ulloa. Xustamente desde alí fálanos Zeltia Laya, voceira da Plataforma "Ulloa Viva", logo de visitar o Parlamento Europeo en Bruxelas. Como ela nos comenta, o proxecto da empresa incumpre até 7 directivas comunitarias relativas á bioversidade, hábitats, calidade do aire, nitratos ou marco da auga. Foi, pois, xenial o poder expor estas e outras cuestións a salientábeis eurodeputados, como é o caso de Florent Marcellasi (Os Verdes), Idoia Villanueva (Unidas Podemos) ou Ana Miranda (vicepresidenta do comité de peticións, BNG) Como di Zeltia, "imos chegar até onde faga falta"...
    Atravesamos a Raia para conversar tamén con João Ribeiro, enxeñeiro lisboeta afincado en Vila Real, formado en Arquitectura Paisaxista e amante da coalición que forman "ambiente e educação". El xa visitou Palas de Rei hai dous anos para expor os cálculos considerados dos consumos vencellados á Altri, e relativos á madeira necesaria. Incidindo na problemática da eucaliptización que pode ir a máis cun proxecto destas características (previsto para 75 anos), João di que todo depende da forza da sociedade civil e da presión á que se someta aos diferentes gobernos e administracións.
    Para acabar, a música de António Zambujo e a súa "gota de água". Encaixa perfectamente co lema das xentes que foron ao Encoro de Portodemouros a dicir aquelo de "A auga é nosa, e non da celulosa"...
    Lees meer
  17. Galiportus Ep.46- O Correlingua

    29 april 2024 · 50 min

    Afspelen
    Hoxe corremos pola lingua. Desde Vigo aténdenos ao teléfono Anxo Terán, presidente da Asociación "Correlingua". Este ano cúmprense 24 anos de existencia desta festeira iniciativa, que busca celebrar co público escolar, animar a rapaces e rapazas de colexios e institutos de toda Galiza a xuntarse, falar, cantar e correr polo idioma. Como nos conta Anxo, durante o mes de maio, en 11 localidades galegas, case 20 mil rapaces van participar nun evento que este ano trae a mensaxe da inmediatez e da necesidade: "dende aquí até acolá, Galego xa!". O obxectivo é sensibilizar a sociedade a través da xente moza do significado da lingua... e as actividades? pois unha chea delas: "regueifando, desata a lingua, crealingua, cantalingua..."
    Acabamos cunha mostra das músicas vencedoras do ano pasado, e co tema da Mekanika Roller Band: "Maruxaina". Todo unha festa!
    Lees meer
  18. Galiportus Ep.45- 50 anos de Abril na Galiza, o livro (Especial 50 anos do 25 Abril -II-)

    25 april 2024 · 1 uur 13 min

    Afspelen
    No dia de emissão deste programa são 50 os anos que já passaram desde a última Revolução "romântica" em Ocidente, a dos Cravos. A 25 de Abril de 1974, um levantamento de militares antifascistas acabaram pacíficamente (com espingarda e cravo na ponta) com 48 anos de Estado Novo, depuseram o governo de Marcelo Caetano e as terríveis guerras coloniais da África finalizaram. Isto por tod@s é sabido mas... qual a ligação que teve a Galiza no antes, durante e depois? Falamos com os galegos Carlos Pazos-Justo (professor de estudos românicos na Universidade do Minho) e Roberto Samartim (professor do departamento de letras da Universidade da Corunha) enquanto coordenadores e editores do livro "50 anos de Abril na Galiza" (Através) De Gaia, também na conversa, contamos com a Sónia Duarte, professora de secundária na cidade da margem sul do Douro e Licenciada em linguas e literatura modernas. Ela é uma das 12 autoras que escrevem nos dois blocos que o livro apresenta: de Fernando Rosas a Manuel Duran Clemente, Margarita Ledo ou Manuel Ledo. Todos os contributos visam na ideia que a revolução também teve parte importante a norte do Minho, e não só a nível cultural, musical ou sindical. Galiza e Abril... uma revelação!
    No final do episódio, a música de Sérgio Godinho, "liberdade".
    Lees meer
  19. Galiportus Ep.44- Duran Clemente, o capitão "galego" de Abril (Especial 50 anos do 25-Abril)

    22 april 2024 · 1 uur 12 min

    Afspelen
    Hoje toca olhar no passado para compreender-mos o futuro, 50 anos depois da Revolução dos Cravos, que acabou com 48 anos de ditadura em Portugal e trouxe a democracia a Portugal. De Lisboa fala-nos Manuel Duran Clemente, capitão da revolução, de mãe galega (de Pazos de Borbén-PO) Com ele conversamos sobre o significado de Abril, do colonialismo da época, a vontade de mudança e das dificuldades para consolidar o processo (PREC, Processo Revolucionário em Curso); inclusive o difícil que foi para ele ter que saír para a Guiné, em momentos de muita instabilidade (1974-1975) Falar com uma figura assim é fantástico, que além de militar é Licenciado na Administração, Cavaleiro da Ordem de Avis, ativista (fundador da Associação 25 de Abril) e mesmo Grande Oficial da Ordem da Liberdade (2021)... e poeta/escritor (2023- "Afeto e consciência" // 2024- "Crónicas de un insubmisso") Na música, não podia faltar o Grândola Vila Morena, acompanhada de "o povo unido jamais será vencido" e "a luta vai ser duro, companheiro".
    Isto é uma jóia radiofónica!!
    Lees meer
  20. GLP- O MARCO IV- La lhéngua mirandesa (2): arde a biblioteca, salvemos os libros (parte II: ALCM e o valor de asociarse)

    18 april 2024 · 1 uur 8 min

    Afspelen
    Continuamos neste especial d'O Marco falando do Mirandés, língua astur-leonesa afincada no nordeste portugués. Falamos do valor asociativo con dúas das persoas que máis traballan pola recuperación e a supervivencia da Lhéngua. Trátase de Alcides Meirinhos e de Alfredo Cameirão, secretario e presidente da ALCM (Associaçon de la lhéngua i cultura mirandesa) Eles, con "prua" (orgullo), falan do importante que é protexer un tesouro así, recoméndannos publicacións e cursos, repasan as últimas décadas... e ollan para o futuro con certo optimismo. O mirandés ten que ser "unha ferramenta, unha máis-valía". Así mesmo, recuperamos un dos episodios do podcast da ALCM, Terreiro de la lhéngua: "nun deixes atamar la rábia".
    Acabamos encantados, co slogan necesario: falá-la ye dá-le bida!... e cunha música: Las çarandas, de Cirigoça.
    Oubrigado!
    Lees meer
  21. Galiportus Ep.43- 15º aniversário da AGLP

    15 april 2024 · 1 uur 1 min

    Afspelen
    Hoje temos boa conversa na ocasião do 15º aniversário da Academia Galega da Língua Portuguesa. Falamos com o Pedro Casteleiro, corunhês vindo de Ferrol, advogado (e por vezes poeta) sobre quais as características desta organização que visa "maior input na relação da Galiza com a Lusofonia". Por outro lado, chamamos à Concha Rousia, psicóloga, escritora e ainda poeta raiana. Com ela conversamos sobre o poder da palavra, da língua, da natureza e também das jornadas "Mulher, Terra e Língua", celebradas em Xinzo de Límia em março, nos atos de comemoração que se estão a levar por toda a Galiza neste ano.
    Maravilha! Para acabarmos, música de Milladoiro: Alalá das Mariñas.
    Lees meer
  22. GLP- O MARCO III- La lhéngua mirandesa: arde a biblioteca, salvemos os libros (parte I:pasado, presente e futuro)

    11 april 2024 · 1 uur 11 min

    Afspelen
    Hoxe vamos a Miranda de'l Douro, no nordeste portugués. Terra de pauliteiros, posta mirandesa e fronteira natural no rio máis vinícola, o seu maior atractivo é a sua fala. Si, la Lhéngua Mirandesa resiste ainda cuns 4500 falantes... e baixando. A Lei 7/99 de 1999 da República Portuguesa recoñece esta variante de astur-leonés como patrimonio propio do país, e recoñece tamén os dereitos lingüísticos da comunidade mirandesa. 25 anos despois, "pouco se ten feito", e hai moito que loitar por que non desapareza ... en 2040. Así o prognostica o noso primeiro convidado, o escritor, profesor e especialista en linguas minoritarias, Quique Costas. Con el sinalamos todo o que (non) se fixo e todo o que se pode aínda facer, e repasamos a sua visita á Assembleia da República para falar deste tema. Por último, tamén conversamos con Suzana Ruano, neofalante mirandesa, traballadora da ALCM (Associaçon de Lhengua i Cultura Mirandesa) e curiosa activa, como ela se define. E non para de rexistrar horas de gravacións coas xentes que aínda falan ese mirandés xenuíno... Biba! Lees meer
  23. Galiportus Ep.42- Altri (I): Non todo o que vén de Portugal é bo

    9 april 2024 · 56 min

    Afspelen
    Hoxe toca falar de medio ambiente, de celulosa e de mobilizacións cidadás. E é que Altri, unha empresa portuguesa, ten previsto instalar unha macroplanta de fibras téxtiles (que ao final parece ser celulosa) na comarca galega da Ulloa. Prométense centos de empregos e a Xunta deu luz verde, mais as xentes do corazón gandeiro da Galiza non o teñen tan claro. Fálase da produci´ñon de 400 mill toneladas de pasta solubre e 200 mill toneladas de lyocell, que poden degradar a biovidersidade da zona, poluindo o rio Ulla e mesmo afectando á Ria de Arousa, onde este desauga. Tal e como menciona a Plataforma Ulloa Viva ou a nosa entrevistada, a lucense Olalla Rodil, vice-portavoz do BNG no parlamento galego, é isto necesario? Recursos básicos privatizados, tremendo impacto ambiental e modelo socioeconómico invertido: que vivan 4 onde sempre viviron centos de familias cuns mínimos de dignidade. Perante o silencio mediático e o greenwashing da empresa, en connivencia cos poderes públicos... a batalla comezou! Será que ... nin todo o que vén de Portugal é bo? Lees meer
  24. Galiportus Ep.41- O diamante galego

    5 april 2024 · 57 min

    Afspelen
    Hoje falamos da Eurorregião em positivo, junto com o Roi Ribeira, jornalista da Nós TV e co-diretor do documentário "O diamante galego", Esta produção, já disponibilizada no Youtube e no canal da AGAL (Associaçom Galega da Língua), analisa em 45 minutos o imenso potencial económico que tem o contínuo urbano Ferrol-Porto, com uma área de influência de 6 milhões de pessoas e umas cidades galegas estratégicamente colocadas e comunicadas em forma de diamante. Basseando-se no livro do filósofo e ensaísta Antón Baamonde ("Unha nova Olanda: de Ferrol ao Porto, as cidades galegas e o norte de Portugal no escenario global", 2021), as entrevistas que coordenou o Roi Ribeira foram muitas, a norte e sul do Minho: empresários, políticos, economistas... e todos aderem à idea de uma Eurorregião em forte crescimento, numa altura de alianças e estrategias próprias que defrontem o poder centralista dos dois estados. No final, música de Sara Correia ("Chelas"), uma das favoritas do convidado do episódio. Lees meer
  25. Galiportus Ep.40- PROPOR 2024

    3 april 2024 · 51 min

    Afspelen
    Hoje falamos com o José Ramom Pichel, engenheiro informático galego, a trabalhar em projetos de processamento da linguagem natural (Projeto "Nos" conjuntamente com o Citius e o ILG, de IA aplicada ao galego) Com ele abordamos a PROPOR 24, um congresso único sobre processamento computacional (IA) do português celebrado pela primeira vez fóra de Portugal e do Brasil. Sim, no mês de março foi Santiago de Compostela quem uniu vozes galegas muito relevantes, a sumar a outras do sul do Minho ou de além do Atlântico, vozes de cientistas respeitados na questão. Os resultados, como diz José Ramom, foram muito positivos, com a variante galega a ser considerada no tronco comum da lusofonia. Em um momento onde a tecnologia está a mudar tudo, é uma maravilha saber do PROPOR e do imenso trabalho que se está a desenvolver a respeito da IA ... a contar com a fala deste cantinho da península. A música do final, maravilha: Filhas da Cassandra e Tanxugueiras: quen é que canta? Lees meer
  26. Galiportus Ep.39- 8M e a Plataforma Feminista Galega

    25 maart 2024 · 36 min

    Afspelen
    Hoxe conmemoramos o 8-M falando dos retos e as necesidades ás que se enfronta a nosa sociedade, en clave feminista. Nun momento de incertezas e de involución de certos dereitos das mulleres que se crían consolidados, a celebración deste ano foi mesmo un tanto descafeinada por divisións internas e agresividade externa, allea ao movemento, sobre todo da parte política máis reaccionaria. Analizamos todo con Pilar Estévez, presidenta da Plataforma Feminista Galega. Do lado portugués finalmente non conseguimos falar con ninguén da Marcha Mundial das Mulheres nin coas compañeiras da Plataforma Portuguesa para os Direitos das Mulheres, mais recomendamos vivamente que sigades a súa acción. Acabamos con Adriana Nolesco e a súa música: "pra todas as mulheres". Para todas vós vai este programa! Lees meer
  27. Galiportus Ep.38- Criadores de conteúdo galaico-português. A visão brasileira do Quintal da Galécia.

    21 maart 2024 · 1 uur

    Afspelen
    Hoje vamos "bater papo" até Rio de Janeiro, com o Christian Salles, funcionário público e apaixonado da Galiza e do galego. Após inúmeros projetos, já há alguns anos que começou a fazer entrevistas relativas a personagens galegas e portuguesas, muito interessantes mesmo. O seu último espaço é o "Quintal da Galécia" (a nossa língua comum), e interessa-nos muito a perspetiva brasileira que ele fornece no assunto. Além disto, também apresentamos os projetos de outros criadores de conteúdo galaico-português: O Centro (Antia Cortiças, Jorge Mendes, Pablo Lamas), Café com Português (Carla Nepomuceno) e Jardim à Beira Mar Plantado (Jorge Mirancos) Com eles já conversámos para um capítulo semelhante a este, conteúdo d'O Centro. Agora sim, com o Christian, estamos todos os fãs galaico-portugueses... ou não? Olha que bom! Lees meer
  28. GLP- O MARCO II- A Fala, o tesouro do Xálima (2) (parte II: os especialistas)

    18 maart 2024 · 1 uur 27 min

    Afspelen
    O Marco continúa desta vez coa cuestión da Fala do Xálima. Falamos cos especialistas para saber de onde vén A Fala, como se conservou, cales son as súas peculiaridades, que significa no contexto histórico e actual... En primeiro lugar, aténdenos Xosé Henrique Costas, catedrático de filoloxía galega, con investigacións de dialectoloxía e sociolingüística da Uvigo. El é unha eminencia no tema: leva 30 anos investigando e publicando sobre A Fala e linguas minoritarias.
    En segundo lugar, chamamos a Alicia Manso, valverdeira, doutora e profesora de didáctica en lingua española (Univ. de La Rioja), cunha tese sobre A Fala.
    Os dous axudan a visualizarmos o foco académico da Fala. Longa vida!
    Lees meer
  29. Galiportus Ep.37- Especial eleições portuguesas - 2024

    14 maart 2024 · 1 uur 41 min

    Afspelen
    Tal e como aconteceu há umas semanas do lado norte do Minho, agora foi a vez dos portugueses decidirem o seu futuro político. Após as legislativas de 10 de março, o panorama político português ficou na encrucilhada, com um empate técnico entre PS (Pedro Nuno, centro-esquerda) e AD (Luis Montenegro, coligação das dereitas) Porém, a notícia foi o Chega (André Ventura, extrema-direita), que cuadriplicou os resultados de 2022, e passou de 12 para 48 deputados, a favorecer-se de 1 milhão de votos "protesto". Por quê este cenário? O que vai acontecer agora? Perguntamos tudo isto e mais ao Antón Losada, analista político muito conhecido na Galiza e na Espanha, doutor em direito, professor de ciência política, investigador e escritor. Do lado "local", voltamos a contatar com o Luís Loureiro, trabalhador da RTP durante 24 anos, professor de jornalismo e doutor em ciências da comunicação. Um programa espetacular com todas as ópticas e a melhor música no final, Deolinda, com o seu "Seja Agora". Que seja agora a vossa escuta! Lees meer
  30. GLP- O MARCO I- A Fala, o tesouro do Xálima (parte I: as súas xentes)

    12 maart 2024 · 1 uur 29 min

    Afspelen
    Chega ao Galiportus o primeiro dunha serie de documentos radiofónicos dedicados a descubrir as peculiaridades das fronteiras. Nace "O MARCO" como espazo complementario no que, mediante investigación e conversas, tentamos chegar a cada recuncho galaico-portugués (e non só) onde os limites son só mentais. Para aqueles que ollades sempre para o lado de alá, explorades e non vos conformades con lindes impostos, este é o voso programa. No primeiro capítulo imos até o norte de Cáceres para ver "in situ" o tesouro lingüístico que aínda alí pervive: unha fala agalegada, orgullo das xentes de Valverdi do Fresnu, San Martiño de Trebellu e As Ellas. Unha marabilla poder falar e desfrutar, máis tamén preguntarnos polo presente e futuro desta fala supervivinte no tempo. Temos a sorte de palpar todo isto de primeira man coas testemuñas dos protagonistas. Non volo perdades!! Lees meer
  31. Galiportus Ep.36- O portugués nas escolas galegas

    8 maart 2024 · 1 uur

    Afspelen
    Hoxe falamos de ensino e falamos de lingua. Logo de varias convocatorias nas que a lingua portuguesa aparecía como ofertada nas oposicións galegas de secundaria, neste 2024 volveu desaparecer. Con até 75 centros de ensino medio ofertando portugués como "2ª lingua estranxeira" , conversamos nos estudios da radio con dúas persoas con ben experiencia na materia: Olga Piñón (profesora de galego e portugués) e Fernando Castro (director recén xubilado e tamén profesor no seu día de portugués) Ambos repasan aqueles anos nos que "voluntariamente" ofrecían portugués no seu IES de Bande (case na raia), moitos anos antes de que a Lei Valentin Paz Andrade propuxera o achegamento e aproveitamento da lusofonía como motor de futuro. As preguntas continúan aí: como é a acollida dos alumnos, familias e profesorado? É posible normalizar o galego mediante o portugués? Sendo a mesma lingua, non deberían estar nas horas (ampliadas) de galego? Estas e moitas outras cuestións... co peche proposto por Olga: Ana Moura e o seu "Día de Folga", música utilizada nas súas aulas. Un luxo de xente! Lees meer
  32. Galiportus Ep.35- Premios Aritmar, unindo música e poesía GZ-PT

    4 maart 2024 · 1 uur 20 min

    Afspelen
    Hoxe falamos duns premios que cada ano van a máis. Trátase de "Aritmar", iniciativa xurdida da EOI de Santiago e popularizada grazas a outras colaboracións de altura. Falamos co director da EOI de Compostela, e impulsor do certame, Gonzalo Costenla Bergueiro, para comprobarmos de primeira man como estes premios buscan revalorizar o espazo musical e poético luso-galaico. Si, cada ano, durante o mes de marzo, expóñense as 10 mellores cancións do lado galego e do lado luso, máis tamén os mellores poemas do ano anteiror. No 2023, Fillas de Cassandra, Arancha Nogueira, Mª Isabel Fidalgo ou a Associação Zeca Afonso (premio especial á embaixada da amizade galaico-lusófona) foron as gañadoras. E tamén Retimbrar, como mellor música portuguesa; temos a sorte de falar coa súa vocalista e compositora desde O Porto, Sara Yasmine. Feito o programa, e desfrutado do tema a modo peche dunha das candidatas deste ano ("Morena"-De Ninghures), só queda votar, desexarlle sorte a tod@s e esperar os resultados ... e a gala de Compostela a realizar no vindeiro outono. Bravo! Lees meer
  33. Galiportus Ep.34- Festival N2, o km.0 da boa música

    1 maart 2024 · 39 min

    Afspelen
    Hoje vamos até Chaves termos com o Diogo Martins, fundador da Associação sem ânimo de lucro "Indieror", a trabalhar desde há anos na difusão de projetos musicais e culturais por toda a região de Trás-os-Montes. O motivo é perguntar sobre o Festival N2, que se celebra na cidade do Tâmega no verão, e que busca impulsioná-la no cartaz nacional e internacional. Para todos aqueles que percorrem a mítica Nacional 2, é uma boa maneira de reunirem-se em Chaves e sumar música aos interesses turísticos ou desportivos. José Luís Magalhães, o nosso amigo da Bewelcome, também nos recomenda imenso as duas propostas. Encerramos o capítulo com uma música de Salvador Sobral, participante do festival em 2023: "Pedra quente".
    A festa é o caminho!
    Lees meer
  34. Galiportus Ep.33- Especial Eleccións Galegas

    26 februari 2024 · 1 uur 9 min

    Afspelen
    Hoxe toca eleccións, toca política. O 18F celebráronse uns novos comicios na Galiza autonómica, cunha nova maioría do PP (40 escanos) e unha espectacular suba do BNG (25) Pola súa banda, o Psg-Psoe afundiuse (39 escanos) e a D.O de Jácome entrou no Parlamento Galego (1) Para debullar o que significou unha campaña histórica e uns resultados con tantas lecturas, falamos con xornalistas de medios independentes. Comezamos con Bruno Amaral Carvalho, reporteiro freelance portugués, que traballou sobre o terreo da guerra ucraniana 8 meses, e que ten seguido a actualidade galega, colaborando tamén con medios como a CNN ou a EiTB. Do lado galego, aténdennos David Lombao, director de Praza.gal e Alberte Mera, de Nós diario. Tamén nos envia a súa achega Xurxo Salgado, de Galicia confidencial. Pechamos programa, como non, co clásico de Siniestro: Miña Terra Galega. Lees meer
  35. Galiportus Ep. 32- Dia Mundial da Radio

    23 februari 2024 · 1 uur 25 min

    Afspelen
    O 13 de febreiro celébrase o día internacional da radio, grazas á declaración da UNESCO en 1946. Aquí vai esta pequena nosa homenaxe ao medio que, máis de cen anos despois, continúa a estar de plena actualidade. Reinventándose, máis a voz manda e mesmo está de moda, sabédelo vós ben, escoitando este e outros podcast. Para falarmos de radio local e municipal falamos con Enrique San Fiz, director de Radio Fene e secretario da Asociación de Emisoras Galegas (EMUGA), que agrupa a un total de 25 emisoras. Logo, no estudio alaricano, é o momento de conversar uns minutos co técnico habitual e voz da información local dende hai máis de 30 anos, Carlos Fernández, que nos conta como foi a cousa evolucionando neste tempo todo. Atravesamos a raia seca tamén para dialogar con Mariana Carvalhais, traballando na radio municipal de Chaves e comarca. No final, un tema clásico, versionado polo coro do "Colegio Loreto": Radio Ga Ga.
    Por moitos anos máis... viva a radio!!
    Lees meer
  36. Galiportus Ep. 31- Leilia, adeus ás pioneiras

    19 februari 2024 · 46 min

    Afspelen
    No episodio de hoxe falamos con Felisa Segade, vocalista e pandereteira de Leilia, o mítico grupo que neste 2024 deixa os palcos, logo de 35 anos de exitosa carreira. Coa artista pasamos bos minutos de radio, lembrando os seus inicios ("viannos como unhas marcianas, 5 mulleres cunhas pandeiretas...") Analizamos toda a súa carreira, as súas colaboracións, e repasamos curiosidades e soños realizados... Leilia foi durante máis de 3 décadas a referencia para moitas outras artistas que viñeron atrás delas. Moi orgullosa, Felisa manifesta que o maior logro foi "conseguir que tantísima xente teña unha pandeireta na casa". Ao final, e como nos últimos concertos, onde todo o mundo ergueu a pandeireta cara o escenario, en sinal de emocionante recoñecemento, o importante é que "pobo que canta, nunca morre". Leilia vaise, as súas músicas están aí para sempre. Lees meer
  37. Galiportus Ep.30- De pellets e mar desamparado

    15 februari 2024 · 1 uur 38 min

    Afspelen
    No episodio de hoxe falamos do mar, outra vez castigado na era do transporte de mercadorias perigosas diante das costas galaico-portuguesas. No mes de decembro de 2023, o buque Toconao, con bandeira de Liberia, perdeu 6 contentores de pellets en frente de Viana do Castelo. Desde aquela, unha nova marea tóxica chegou ás nosas praias, e a sociedade civil organizouse, como xa pasara na catástrofe do Prestige en 2002 (aínda que daquela as consecuencias foron moito peores), moito máis rápido que a Xunta, que optou por "ir vendo" e non asumir responsabilidades. Falamos de todo isto con Fins Eirexas, Secretario Xeral de ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) e con Rogelio Queiruga, mariñeiro muradao e divulgador nas redes, unha das caras de moda tamén nas protestas pola "Defensa do noso mar" de Compostela. Ambos coinciden... sen un mar limpo e coidado non temos futuro! Lees meer
  38. Galiportus Ep.29- Entroido non é carnaval

    8 februari 2024 · 1 uur 25 min

    Afspelen
    Nestas datas toca falar de Entroido. Ou Antroido, Entrudo, Entrodio... como sexa que lle chames. Unha tradición que persistiu durante séculos sobre todo no interior de Ourense e en Trás-Os-Montes, aínda que non só. Unha vivencia inexplicábel, única, que viste o fin do inverno e celebra con sátira a vida en sociedade. Vamos até Maceda, Laza, Viana do Bolo e Podence (Macedo de Cavaleiros) para falar cos protagonistas: Jonathan Lameiras, felo e vicepresidente da Asociación "Corga da Serra" (Maceda) Nieves, pastora de ovella galega e amante do entrudio de Quintela do Pando (Viana) E Xacobo Garcia, membro da Comisión do Entroido de Laza. Atravesamos a Raia Seca e conversamos tamén con António Carneiro, Presidente da Associação dos Caretos de Podence (Entrudo Chocalheiro, Macedo de Cavaleiros), festa recentemente galardoada como Patrimonio Cultural Inmaterial Mundial da UNESCO. Moitas voces e só unha conclusión: Entroido é moito máis ca Carnaval... Lees meer
  39. Galiportus Ep. 28- Guadi Galego, a alegria da vida cantada

    5 februari 2024 · 40 min

    Afspelen
    Hoxe toca falar cunha das mellores artistas que deu a música galega desde hai 25-30 anos. Trátase de Guadi Galego, coa que temos minutos de boa charla, lembrando as súas orixes en Cedeira, os inicios con Berrogüeto, e o seu salto á carreira en solitario hai máis de 15 anos xa. Desde aquela, 7 traballos de autora (con temas que certamente ficaron na retina, como Matriarcas, Cedeira ou Chea de Vida) e unha chea de premios. Após Roibén no 2022, chega no 2024 "Síntese Horizonte", un espectáculo proxectado en teatros (que esgotan rapidamente as entradas) e que vai máis aló da música. Falar con Guadi inspira liberdade, feminismo e ... humildade, case por partes iguais. Unha muller excepcionalmente normal e que confía na súa proposta "honesta, persoal... e da que se entras, quedas" Lees meer
  40. Galiportus Ep.27- O Corno, cinema e sororidade da Arousa ao Minho

    1 februari 2024 · 36 min

    Afspelen
    Hoxe temos o gusto de conversar con Jaione Camborda, guionista e directora de cinema vasca, moi de moda e afincada en Galiza hai anos. 2023 foi un grande ano para ela, pois recibiu a Cuncha de Ouro ao mellor filme dentro do afamado festival donostiarra. Isto débese á produción de "O Corno", longametraxe que conta a dura vida de Maria, mariscadora nos anos 70 na Illa de Arousa. Logo dun inesperado suceso, ten que fuxir seguindo as rotas de contrabando que unían o sur galego e o norte portugués. Moita emoción, espectacular fotografía e fantástica actuación de Janet Novás, nominada aos Goya como mellor actriz. En definitiva, cinema de moito valor, íntegramente en galego-portugués, realzado grazas a uns escenarios e uns ritmos únicos, cuns primeiros minutos de aguantar a respiración. Lees meer
  41. Galiportus Ep.26- Revista Luzes, 10 anos sen sombras

    29 januari 2024 · 1 uur 17 min

    Afspelen
    Neste episodio chamamos a un dos mellores xornalistas galegos das últimas décadas, Xosé Manuel Pereiro. O monfortino, licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense en 1975 (xunto a Antón Patiño, Manuel Rivas ou Lois Pereiro), fundou revistas como "La Naval" e "Bravú", nos 80. Escribiu para o Faro, A Voz e foi correspondente do El País. Fixo Radio (RNE e SER) e TV (redactor de informativos de TVE 20 anos, do 88 ao 2008) Tamén consta como Decano do Colexio Profesional de Xornalistas da Galiza (2008-2016) Escribiu 5 ensaios e colabora con CTXT ou El Progreso. No entanto, o maior reto de todos foi a creación da revista "Luzes" en 2013, xunto ao afamado e amigo, o escritor Manuel Rivas. Deste proxecto (en modo revista mensual) falamos, que suma grandes sinaturas a podcasts e web completísima e con contidos abertos. Baixo un modelo de subscripción, en galego e en clave galega, consolidouse como un referente de xornalismo diferente, crítico co poder, retranqueiro e moi pensado. "435 gramos de bo xornalismo", afirma Pereiro, co cal botamos minutos de boa charla... tocando os paus máis diversos. Lees meer
  42. Galiportus Ep.25- Galicia nomeada, no país dos dous millóns de topónimos

    25 januari 2024 · 1 uur 7 min

    Afspelen
    Hoxe falamos de nomes de lugares. Galiza e o norte de Portugal conforman un espazo xeográfico moi diverso e cheo de ríos, montes e aldeas, que fai que esteamos ante a rexión europea con maior extensión toponímica. Desde hai máis de 20 anos, e vendo o abandono do rural, comezouse un proxecto do lado galego chamado "Galicia nomeada", co apoio da RAG e da Xunta. Moito esforzo despois, web e App por medio, recuperáronse miles de microtopónimos de centos de parroquias, grazas á colaboración de ducias de persoas. Falamos de todo isto con Vicente Feijóo, coordinador da unidade técnica da toponimia da RAG e pai do proxecto. No estudio alaricano, comentan a iniciativa a nivel local ("A memoria das aldeas") Gusi Domarco (informático, técnico de son e encargado das gravacións en Allariz) e Cristina Outeiriño (responsable da área igualdade do Concello e dinamizadora de asociacións veciñais) Con todo o falado, só queda colaborar! ... via web, app ou en toponimia@academia.gal. Tfno: 881 995 322 Lees meer
  43. Galiportus Ep.24- Moncho López, lenda do FC Porto basket

    22 januari 2024 · 52 min

    Afspelen
    Hoje vamos até Fukuoka (Japão) termos boa conversa com Moncho López, treinador galego de basquetebol. Após uma carreira com passagens pelas seleções espanholas, portuguesa e angolana, ou também durante a década de 2000 treinar em Lugo, Xixón e Sevilla (liga ACB, 1ª categoria do basquetebol espanhol), Moncho aceitou há uns meses a opção de começar uma nova vida pessoal e profissional. No entanto, o que faz com que queiramos falar com o Moncho foram os 13 anos a lutar no FC Porto, uma experiência "única". Para o "galego do Porto", como normalmente lhe dizia Pinto da Costa (o mítico presidente dos "dragões"), após 15 títulos e tantos jogos, a vida ficou-lhe marcada a "azul e branco". Assim sendo, e a 13.000km, voltaria antes à cidade invicta do que voltar à Espanha ou à Galiza. Com ele falamos da vida em Portugal, de desporto, língua, cultura... Vale a pena ouvir! Lees meer
  44. Galiportus Ep.23- Xornalismo e medios públicos de (des)información

    18 januari 2024 · 1 uur 40 min

    Afspelen
    Hoxe o Galiportus aborda unha cuestión á que moitas veces non lle damos importancia mais que está aí: como inflúe a (in)dependencia do xornalismo nunha sociedade libre? O panorama de hoxe non é fácil. Así nolo confirma Luis Loureiro, do Porto. Doutor en ciencias da comunicación, docente na faculdade de xornalismo da Univ. Lusófona e na Univ. do Minho e xornalista durante 24 anos na RTP, fálanos da referencia en canto ao xornalismo de investigación que supuxo "Sexta às 9", durante case 12 anos... e dos problemas suscitados tras destapar "corruptelas" que implicaban a políticos por detrás do negocio do litio. Con el tamén conversamos de cara onde imos, se merece a pena loitar por difundir a verdade, ou de como os medios influiron tanto no descoñecemento mutuo galaico-portugués.
    Por outra banda, visítanos tamén Raquel Lema, xornalista da CRTVG e representante do comité intercentros. Con ela temos minutos de moito valor ao micrófono, conversando sobre o momento de extrema manipulación na que se encontra a Tv galega (falta de criterios xornalísticos e sometida ao poder político), ou o devalar falto de contidos propios, que deu en anos de protestas dos propios traballadores do ente público ("Venres negros" e "Defende a galega") Porén, diante de tanto pesimismo, Raquel é optimista e confía nun cambio de rumbo que lle dea novamente "razón de ser" ao maior (e sempre maltratado) proxecto audiovisual galego.
    Lees meer
  45. Galiportus Ep.22- Matria: o filme en galego que golpea con Ramona

    15 januari 2024 · 53 min

    Afspelen
    No episodio de hoxe toca falar de cinema en galego, da man de Álvaro Gago e María Vázquez. Son eles os principais protagonistas de "Matria", filme que relata o drama social da man de Ramona, interpretada por María. A viguesa de nacemento e "galega" de longo percorrido, tras ben de proxectos (series, curtas, teatro...) e premios, emociónase cando fala do bonito que significou ter participado no proxecto. O impulsor é o seu director, Álvaro, con tamén grande experiencia en curtas e longas (realizou Matria a modo curtametraxe en 2017), e unha pausa na que analiza todo o que quixo reflectir en Matria. Ambos son unha xoia para os nosos ouvidos, repasan o poder das historias "reais" e "realistas", sen "lazos". Ademais, alégranse do momento actual do cinema galego, e mantéñense á expectativa perante as 2 nominacións aos premios Goya deste 2024.
    Vaia par de artistas no Galiportus!
    Lees meer
  46. Galiportus Ep. 21- Bewelcome, viaxar da man dos autóctonos

    11 januari 2024 · 51 min

    Afspelen
    Hoxe visítanos José Luis Magalhães, economista e director adxunto do casino de Chaves (norte Pt) Mais non por cuestións de diñeiro, xa que o protagonista leva máis dunha década viaxando "low-cost"... e vendo o mundo polos ollos das xentes do lugar que visita. Isto é así grazas a plataformas dixitais como "Bewelcome", dedicadas a conectar a quen hospeda e a quen quere ser hospedado, sen máis custo económico que o poder compartir unhas cervexas... ou preparar unha sobremesa típica.
    José Luis, en plena visita a terras do sur galego, cóntanos como funciona esta e outras Apps semellantes, que significa viaxar deste xeito, como se domina o medo ao descoñecido... e, como non, que significa Galiza para el, a través das experiencias das súas escapadas. Ademais, algunha recomendación interesante... e moitas anécdotas. Todo nunha conversa ben agradábel...
    Vamo' lá à descoberta!
    Lees meer
  47. Galiportus Ep.20- Lítio, Barroso e Costa

    8 januari 2024 · 1 uur 42 min

    Afspelen
    No episódio de hoje, falamos de uma questão muito controversa: em uma época de mudanças que nos leva à utilização a nível global de energias renováveis, muitas empresas andam atrás da extração de materiais que são essenciais para a fabricação de baterias empregadas na tecnologia.
    A região fronteiriça do Barroso (Montalegre-Pt) está a ver-se afetada pelas prospeções que visam avançar nas minas de lítio (Covas do Barroso e O Romano) e que podem acabar com os terrenos, a agricultura ou a água limpa da zona. Assim sendo, resolvemos falar com Armando Pinto, da Associação "Montalegre com vida", preocupado, mas muito consciente do momento atual. Daí viajamos até Santiago de Compostela, para perguntarmos ao Jorge Mira (catedrático de electro-magnetismo da área de física aplicada da USC e co-autor dos trabalhos de pesquisa junto com o John Goodenough, Prémio Nobel de Química em 2019 pela invenção das baterias recarregables de iões de lítio) o porquê é tão importante este valorizado, estratégico (e perigoso?) elemento químico... além de mais alguma coisa sobre ciência e ecologia ...
    Finalmente, a questão do lítio e das minas do Barroso provocou um furacão político do lado português. Após suspeitas levantadas de terem interferido no processo relativo à exploração de lítio e hidrogénio no país, o ministro de infraestruturas, João Galamba, e o primeiro-ministro, António Costa, demitiram-se. De Lisboa, falamos com a popular jornalista da TVi, Sandra Felgueiras, protagonista da investigação que terminou por fazer tremer o governo inteiro...
    Um programa de atualidade, com protagonistas relevantes, que faz pensar... e que achamos vale a pena a cada segundo. A não perder!
    Lees meer
  48. Galiportus Ep.19- Estraviz, vida e obra. O maior dicionário online da península

    4 januari 2024 · 1 uur 30 min

    Afspelen
    A conversa de hoje é com Isaac Alonso Estraviz, o autor do maior dicionário online da península, a chegar quase aos 152 mil termos! Estraviz, a dias do seu 89 aniversário, mantém um cérebro privilegiado, e conta-nos inúmeros episódios da sua vida, que atualmente está a descrever na sua auto-biografia. Da infância de posguerra em Vilaseca-Trasmiras, a passagem por Oseira, as aventuras que o levaram a Alemanha, Sória ou Albacete. E ainda os seus estudos em filosofia e filologia, que o acabaram por convencer de que el "é da terra onde nasceu o galego-português". Minutos de sabedoria e de reflexões acerca da língua, da RAG, de Portugal... e também do futuro, com uma biblioteca em sua casa de incalculável valor, em processo de ser parte de uma fundação. A não perder, acompanhados do historiador Manuel G. Alves. Lees meer
  49. Galiportus Ep. 18- Madalena Gamalho, reflexión vocal á portuguesa

    28 december 2023 · 36 min

    Afspelen
    Hoxe viaxamos até a provincia de Pontevedra (Gz), para conversarmos con Madalena Gamalho, galega de Caldas de Reis con ampla formación técnica vocal. A súa música de autor ten xa anos de percurso, desde a participación en formacións como Nota Bene ou Os Meninos. No 2022 chegou INVENTO, o seu proxecto máis persoal. Tras o seu paso pola Escola de Idiomas, sempre tivo claro que "por que non?" cantar á portuguesa... Coa protagonista pasamos uns bos minutos de reflexión, de voz con alma e de letras atrevidas, das que conectan a vida coas súas contradicións... Lees meer
  50. Galiportus Ep.17- Especial Natal

    21 december 2023 · 1 uur 48 min

    Afspelen
    Chegou o Nadal. Ou Natal, como sexa que dicides. Este ano, non se dá feito a apuntar no "foco mediático" natalicio. En primeiro lugar, pasamos por Celanova (Ourense-Gz), para conversarmos con Jorge Cardoso e Daniel Gzlez., protagonistas do concurso de iluminación de Nadal da afamada marca de bombóns. Logo de intensas semanas coa vila de Curros empurrando, perdeuse a final... mais o vivido foi inesquecible, cóntannos eles.
    Tamén viaxamos até Perlim, o principal parque temático do nadal a sur do Minho (Santa Maria da Feira- Norte Pt) para parolearmos un pouco co presidente da Câmara Municipal, Emídio Sousa. Finalmente, voltamos a Allariz (Ourense-Gz) para entrevistar a Bernardo Varela, concelleiro de Medio Ambiente. Lonxe de luceríos extremos, el relata como tenta ser o nadal "sustentábel" alaricano, que ambienta a vila enteira con decoración reciclada e grazas á contribución solidaria da veciñanza.
    En fin, toda unha chea de opcións, de opinións para estes días tan especiais!
    Lees meer